Santa Mariña e a deidade protexedora d'os Berdians. A sua festa celebrana na Irexe cada 18 de Xullo. Mais... Quen foi esta Mariña que deviu en santa, e que tan popular e en toda Galiza?
Foi o parescer unha rapaciña galega, de Allariz, filla de un tal Teobulo, gobernador Romano da Limia no século II d'a nosa era. Sua nai morreu depois do parto, así que foi criada por unha Aya que a o parecer era Cristiá.
A nena medrou e fíxose muller fermosa. Era pastora de ovellas, e solia descansar debaixo d'un un grande carballo enxebre, onde un día a viu o Romano Olibrio, que era o alcalde do luar. Ele tratou de lebala o palleiro, pero ela dixo non ser eso posible, porque ela era Cristia.
Tantas veces como Olibrio tratou, outras tantas ela se negou. Finalmente, aquel home "poderoso" meteu a Mariña na carcere e mandou a torturala con toda sorte de suplicios, sin lograr que ela abxurase d'a sua fe.
Finalmente cansouse Olibrio e mandou decapitala. A cachola de Mariña caeu dando botes, e, alí onde parou, naceu a Fonte das Augas Santas, cuia auga e ainda moi milagreira.