Todas as santas e santos fan milagres, sexan estos coletivos ou persoais, A Santa Mariña tamen fai moitos milagres a aqueles que lle teñen fe.
Pois en Berdia tamen a Santa Mariña fixo unha ves un grande milagre, xa fai moito tempo pero alguns vellos ainda s'a acordan.
Foi un ano de moita sequeira e o millo, as patacas, e outros moitos froitos d'a terra estabanse secando, e a ruina viase vir moi certiña, s'a chuiva non caia pronto.
Tanta era a desperanza q'un grupo de veciños foron a falar c'o cura pra que organizara unha peregrinación ao Santo Iago, alo en Compostela, onde el ten un santuario.
O cura estivo d'acordo así que na seguinte misa chamou a o povo a acompañal'a Santa hasta Compostela nunha data dada.
Chegado o día case todos os viventes en Berdia estiveron moy cedo na Eirexe, e, dirixidos pol'o cura, sairon cantando inos por o camiño a Compostela. Cruzaron o riu Sionlla pol'o vado d'Anllar e seguiron zanca arriba hasta un sitio q'ainda oxe se chama "A volta de Santa Mariña".
E porque e que ese sitio se chama así? Pois porque xusto o chegar a ese punto empezou a caer unha treboeira moi forte, así que deron por finada a romaría e voltaron correndo, co medo de que se enchera moito o riu e non puideran pasar de volta as suas casas.
Xanti Martins