Quen son eu? Ay, se eu soupera!.
Eu sei quen foi meu pai, eu sei quen e miña nai, eu seino porque me dixeron eles, que son nado en Quintans de Berdia; Pero nunca me dixeron quen eu son!.
Eu sei onde ta o luar onde nacin a vida, seino porque m'o dixeron! foi no ano 45 do seculo XX; d'aquela pasaba o tren por Berdia, e facía sombra na nosa eira pol'a tarde cando iba pra Compostela, onde ta a casa d'o Santo Iago.
Eu ben m'acordo do ano d'o grande pedrazo; aquel trebon d'auga solida, gotas tan grandes coma ovos de pomba que romperon todo na sua caida; seino porque o vivin!
Eu ben m'acordo do ano d'a grande enchente, cando os rius se saliron de nai, e arrasaron c'as patacas, o millo, toda anllar foi cuberta po'l as augas. Seino por que o vivin.
Eu ben m'acordo do ano que chegou a eletrocida que fixo a lus, e nos esquecemonos pra sempre dos cheirentos candiles. Seino porque estiven alí.
Eu tamen fun a escola vella d'a Eirexe; sí! aquela onde struia Dona Marina, e ben q'aprendin! Claro e que cando empecei a ir a escola eu xa sabia ler e escrebir, porque m'ensinou meu pai.
Eu tamen apredin a doutrina c'o cura Don Xosé. E ainda mulguei a primeira ves nun mes de maio de xa fai tempo. Hasta m'acordo que a as nenas e nonos ricos deron'lles un brinquedo, porque iban moi ben bestidos, pero a min, com'era probe, e andaba c'o as cirolas remendadas, so me deron unha rosquiliña.
Eu xa fun a todas partes, pero nunca cheguei a ningures.
Eu non sei quen son, porque ninguen me dixo ainda. Mais, pensandoo ben, de que me aprobeitaria saber quen son?